Vivir de aluguer coa túa mascota é posible con Alquilovers

Pisos de aluguer con mascotas galiciaSe estás á procura dun piso de aluguer no que admitan animais, de seguro estás farto de recibir negativas coma resposta: : “non alugamos a inquilinos que teñan animais”, “nin animales nin animalas”, “o teu can aquí non entra”, “alúgoche o piso a ti, mai vai buscando casa ao teu gatiño…”.

E é que o aluguer de vivendas con mascotas é máis complexo de atopar do que parece…

Lemos en La Voz de Galicia que máis do 80% dos propietarios dos pisos en Galicia inclúen nas condicións do aluguer ese veto ás mascotas no contrato. Mais, por que? Os principais motivos veñen de anteriores experiencias: destrozos no piso de aluguer por parte dos inquilinos, problemas de convivencia con outros veciños… E xa é sabido: falar en xeral non é sempre bo e adoita ocorrer que pagan xustos por pecadores…

ALQUILOVERS: UN PORTAL INMOBILIARIO PET FRIENDLY PARA GALICIA

Dentro das vantaxes de alugar con Alquilovers, atoparáste con que nos nosos pisos, as mascotas son benvidas!

Nós, como portal inmobiliario que xestiona as súas propias vivendas (sen intermediarios), apostamos por que podas vivir libremente co teu animal de compaña nos nosos pisos mentres que a comunidade de veciños non estipule o contrario (en contra disto, non podemos facer nada!).

VIVIR DE ALUGUER CON MASCOTAS: QUE DI A LEI

Nin a Lei de Propiedade Horizontal, o Código Civil ou o Código Penal. Ningún prohíbe directamente ter mascotas nun piso de aluguer. A lei que rixe isto é a LAU (Lei de Arrendamentos Urbanos). Nela non se menciona a prohibición, senon que deixa liberdade para o pacto entre as partes.

Se es inquilino e non existe cláusula ao respecto no contrato, poderás convivir con animais no teu piso. Pero… E se os veciños din o contrario?

A Lei de Propiedade Horizontal deixa en mans dos propietarios crear as súas propias normas para regular a convivencia dentro do edificio. Algunhas condición que poden poner con respecto a isto son, por exemplo, a limitación do acceso dos animais aos lugares de uso común (ascensor, xardíns, patios…).

Podemos atopar casos nos que nos estatutos da comunidade os veciños inclúan a prohibición de tenencia de animais na vivienda. Así, antes de alugar o piso, en Alquilovers Galicia informarémosche dos estatutos vixentes na comunidade de veciños para que decidas se os aceptas. Se non, seguiremos axudándoche a atopar un piso no que admitan mascotas.