Atopa o teu aluguer sen mobles en Galicia

Alquilar piso sin mueblesAtopar un piso de aluguer sen mobles non é unha tarefa sinxela. Cando atopas ese piso marabilloso, xusto no barrio que che gusta, cunhas vistas de escándalo… Resulta que ten os mobles da época dos teus bisavós e é difícil que o encanto non se desvaeza… Os pisos sen mobles escasean. E os que están amoblados, estano ” daquela maneira”. Isto adoita ser un problema moi común hoxe en día. Tes que convivir con eses mobles antigos que che arrepían porque o propietario non che permite cambialos.

Que entendemos por piso sen amoblar?

En España non é legal alugar un piso completamente baleiro. Un inmoble considérase sen amoblar cando só ten instalado o baño e a cociña cos electrodomésticos básicos. Isto quere dicir que non inclúe mobles no resto das habitacións. Esta condición garda moitas vantaxes:
  • Podemos decorar o noso piso con mobles modernos coa distribución que queiramos. Sentes a túa casa máis túa se es ti quen decide o recuncho para o sofá, onde poñer o moble da tv…
  • Aproveitamos mellor o espazo, xa que temos só o que utilizamos.
  • Podemos darlle un toque persoal ao piso de aluguer. Esa mesiña de noite que herdaches da casa dos teus pais, as lámpadas da túa avoa ou as cortiñas das que te namoraches. O teu piso fala de ti, da túa personalidade e as túas vivencias.

Por que é tan difícil atopar un piso sen mobles en Galicia?

Os alugueres sen mobles son pouco común. Isto é debido, non só aos anteriores usos da vivienda, senon que existen varias razóns polas que os pisos sen mobles escasean:
  • Un piso sen mobles ten un prezo de aluguer máis barato. O que significa que o propietario pode perder ata un 40% do prezo que podería gañar co inmoble.
  • Os pisos amoblados alúganse máis rápido.
  • Son máis doados de alugar. As persoas que buscan alugueres de curta duración e os inquilinos conformistas non adoitan decantarse por pisos de aluguer sen mobles.
A pesar destas razóns, en Alquila en Galicia chegamos á conclusión de que o aluguer sen mobles é a mellor opción para converter calquera vivenda no piso dos teus soños. Busca agora o teu piso de aluguer sen amoblar na Coruña, Lugo, Ourense ou Pontevedra na nosa web e descobre todas as vantaxes de alugar con Alquilovers. P.D.: participa no sorteo dun ano de aluger de balde na web pagavalentina.com para conseguir o teu aluguer sen mobles por cero euros durante un ano enteiro.