Alquila en Galicia sortea un ano de aluguer de balde

Sorteamos un ano de aluguer de balde no piso que que ti elixas do portal inmobiliario Alquila en Galicia! Si, si, liches ben.

Alquilovers chega a Galicia con esta promoción de aluguer de balde.

Imaxinas estar todo un ano sen ter que pagar o teu piso de aluguer? Agora xa non tes que imaxinalo, chega a avoa Valentina para facelo realidade.

Alquila en Galicia sortea un ano de aluguer de balde

Paga Valentina regálache o aluguer do teu piso en Galicia

Se falamos de cousas moi nosas, falamos do polbo, da empanada, das praias, o marisco, a morriña… E as avoas. E dentro destas, en Alquila en Galicia temos á mellor: a avoa Valentina.

As avoas sempre queren o mellor para os seus netos e netas, verdade? Pois como non van querer que vivas o mellor posible! Se buscas piso en Galicia, parabéns! Valentina tráeche as mellores vivendas cun ano de aluguer de balde.

Como tes que facer para participar no sorteo dun ano de aluguer de balde? É moi sinxelo:

  • Busca entre os nosos alugueres dispoñibles o piso que máis encaixe contigo.
  • Diríxete á web de Paga Valentina
  • Rexistra os teus datos (necesitámolos para contactar contigo cando gañes)
  • Listo! Xa es un dos participantes do sorteo de aluguer de Alquilovers.
  • O día 30 de abril de 2019 saberás se gañaches. Se non toca… Bueno, éche o que hai…

Non desesperes, sabemos que alugar piso en Galicia sinxelo non era. Pero agora poderás desfrutar das vantaxes de alugar con Alquilovers.

Valentina sabe ben que na inmobiliaria galega online Alquila en Galicia óbrase o milagre. Vas poder atopar os mellores pisos baratos. O apartamento ideal onde vivir cos teus amigos, parella ou mascota en calquera das provincias galegas.

Visita a oferta dispoñible en Alquila en Galicia. Poderás consultar entre unha ampla selección de casas e pisos de aluguer en máis de 100 localidades da Coruña, Lugo, Pontevedra e Ourense.

Aprende de Valentina e convértete nun alquilover!